Thursday 02 de May de 2024

O Concello repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio Volve a Carral non Nadal


• A iniciativa estará en marcha entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2024.

O Concello continúa traballando no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal. Así, ademais do concurso Tapeando Carral, o Concello poñerá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral non Nadal, na que se repartirán 2.000 euros en premios ás persoas que fagan as súas compras nos negocios adheridos.

A iniciativa estará en funcionamento durante un mes, entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2024. Durante eses días, as persoas que fagan as súas compras nos comercios adheridos poderán optar a premios de entre 100 e 300 euros. En total, o Concello repartirá 30.000 rascas entre os que se atoparán dous galardóns de 300 euros, catro de 200 e seis de 100.

O funcionamento da iniciativa é sinxelo: as persoas que fagan o consumo mínimo recibirán un rasca. En caso de resultar agraciada, a persoa deberá entregar o boleto premiado no Concello, xunto co ticket de compra, ata o 30 de xaneiro. A cambio, expediráselle un cheque coa contía correspondente.